Caricamento in corso...

DOS DÍAS DAS VAGALUMES

dous poemas

DOS DÍAS DAS LUCIÉRNAGAS
Cando a Aldea como a Lúa
Crecía e minguaba
Á velocidade dos Árbores
E do auga que canta
Coa lingua das pedras
E o seu afianzado choro
Eran as corredoiras o pano do Outono
E as raás nas charcas, o motor do estio
As voces co meu nome
Apandaban nos sonoros vairons
Eran os pais os que asexaban  nosos xogos
E facian da tarde o escenario perfecto
Tremíanos o mundo
E a Aldea era o planeta
Dun sol que inventabamos,
Unhas coxegas que as abellas plaxiaban
Anunciaba un milagre cuxo nome
AMOR tardariamos moitas lúas
En saber debuxar nos acantilados de beizos.
Pero naquela eternidade
Soubemos o poder que tiñamos
Cando sonhabamos protexidos pola inocencia
Todos os Outros que mais tarde seriamos
E a lingua poliglota dos animais
Foi o arma perfecta para traducir o silencio
Sabendo dun modo inefable
Que só á velocidade dos Árbores
Poderiamos alcanzar
As furnas onde o sagrado arde
Coma se nas tarde os nenos
O solsticio inconsumibele
do alma crecente.
 
 
 
 
 
 
DÍAS FERMOSOS, UNHA BRISA ARBOREADO,
UN CEO VELOZ,
A luz dos soles maduros á tardinha
Unha dor suave á altura dos pés.
Bágoas por culpa das flores acesas
Sáeme un verso á altura da orella
E unha amiga pasa voando pola avenida recentemente lavada.
É xoves, e como todos os xoves salvo a lúa,
o propósito da enmenda para acabar co cheiro a incienso.
E nas alhacenas da luz,
unhas ramas douradas por ambos lados,
unha rosa dos ventos,
e a ferida que dá ao mundo,
aberta, como sempre, afrutada e viva.
 
(Ferrol (altitude: 9 m)
Latitud: 43 28' 55' N– Lonxitude: 8 14' 5' Ou -)

Altre opere di Karlotti Valle...



Top